Do párkinson non se morre pero...
Miércoles 13 de abril de 2011 - É incorrecto dicir que o párkinson e o alzheimer son curables, como levamos escoitando estes días con motivo de se celebrar o Día mundial do Párkinson (E.P.) o 11 de abril pasado. Lamentablemente aínda non se puido encontrar o remedio para estas dúas enfermidades dexenerativas a pesar do grande interese que se está desenvolvendo neste sentido.Pero hoxe falaremos da enfermidade de Párkinson (E.P.), trastorno neurolóxico frecuente que afecta a uns catro millóns de persoas en todo o mundo.
Trátase dunha enfermidade de carácter tremente con diminución da forza muscular que afecta as partes que están en repouso e que incluso provoca unha tendencia á inclinación do corpo cara adiante e a unha forma de camiñar a pasos curtos e rápidos. O menos malo é que os sentidos permanecen inalterados no párkinson.
Din os investigadores que esta enfermidade non é en si mesma mortal. Din que nos últimos adiantos no tratamento permiten unha melloría.
Só un 2-3% dos pacientes presentan a enfermidade de forma hereditaria. A enfermidade de Párkinson non é só unha enfermidade de persoas maiores.
Unha de cada 20 persoas con EP empeza a desenvolver os síntomas da EP á idade de 40 anos. Os pacientes diagnosticados entre os 21 e os 40 anos padecen o que se chama "EP de aparición precoz". Así pois, a EP non é só unha enfermidade de persoas maiores ou anciás como se pensaba antes. As súas causas son múltiples.
A medida que a enfermidade progresa, os síntomas clásicos da enfermidade fanse evidentes: tremor, rixidez, hipocinesia e cambios na forma de camiñar. Sen embargo algúns destes síntomas a miúdo afectan a persoas que non os teñen.
O tremor é o sinal máis característico, aínda que non todos os tremores que aparecen na persoa maior son debidos á EP. Hai outros tremores, chamados esenciais, que non teñen como causa a deficiencia da dopamina e a súa orixe é incerta, e non evolucionan do mesmo xeito que o tremor da EP.
O tremor na EP acostuma ser, sen embargo, o síntoma máis precoz. Caracterízase por ser un tremor que sucede en repouso que empeora coas emocións, o estrés ou coa percepción da persoa que o padece de ser observada. Mellora coa actividade e desaparece durmindo. Principalmente afecta ás mans, pero tamén é frecuente nos pés. Soe iniciarse nunha man, no canto das dúas, aínda que co tempo poda afectar a outras extremidades.
Este tremor das mans provoca a comentada postura de "contar moedas", na que o pulso está flexionado. Poderíamos falar máis disto. Cando a unha persoa se lle diagnostica a enfermidade do Párkinson, a impresión que recibe pode ser a de ter caído nunha fatalidade irrecuperable "isto non me pode suceder a min...".
Pero non se desanime, a EP é un trastorno nervioso que actúa de forma diferente en cada individuo, aínda que non sexa xa de morte. (em Galego) Fonte: La Opinion Coruna.es.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Observamos que muitos comentários são postados e não exibidos. Certifique-se que seu comentário foi postado com a alteração da expressão "Nenhum comentário" no rodapé. Antes de reenviar faça um refresh. Se ainda não postado (alterado o n.o), use o quadro MENSAGENS da coluna da direita. Grato.